O sábado 17 de abril celebrouse no Muelle 43, a cea anual de membros da Asociación, á que acudiron a maior parte dos seus membros. Foi unha xornada ideal para o encontro e o lecer, onde houbo bó xantar e música ata ben entrada a noite. Próximamente colgaremolas fotos para que todo aquel que queira poida botar unha ollada e recoñecerse ou ver como iba cada quen. Ademáis contouse coa presencia dos de Diario de Ferrol, que tamén quitou fotos a todo o mundo, ainda que tarda varios meses en publicalas. Manterémosvos puntualmente informados de cando saen.